A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DA forGA

  • 1. O regulamento de protección de datos.

    O Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante, RGPD), publicado en maio de 2016, substitúe a actual normativa vixente e comezou a aplicarse o 25 de maio de 2018. Trátase dunha norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

    Máis información en: https://www.aepd.es

  • 2. A responsábel do tratamento dos teus datos persoais: forGA .
    Identidade: Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza ( forGA )
    CIF: G36818367
    Enderezo: Polígono Industrial Novo Milladoiro-R. Palmeira, 21A 15895 Ames (Galiza)
    Telefone: 981 93 94 34
    Sitio web: https://forga.gal
  • 3. As persoas encargadas do tratamento dos teus datos persoais.

    As persoas encargadas do tratamento son as persoas físicas que realizan o tratamento dos datos persoais por conta da forGA .

    As persoas encargadas realizan todos os tratamentos, automatizados ou non, que a forGA lles encomenda en relación cos ficheiros especificados no apartado 9 deste documento.

    Fundamentalmente realizan as seguintes operacións: recolla, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

    A relación das persoas encargadas do tratamento coa responsábel ( forGA ) pode ser laboral por conta allea, entre traballador/a e empregadora, e/ou mercantil, entre empresas contratantes. En ambos os casos, páctanse e atribúense os niveis de decisión e roles das persoas encargados do tratamento que operan sobre os ficheiros definidos no apartado 9 deste documento.

  • 4. O/A delegado/a de protección de datos (DPD).

    IDENTIFICACIÓN DO/A DPD DA FORGA:

    • Formulario de contacto co/a Delegado/a de protección de datos: descárgao premendo aquí
    • Enderezo postal: Polígono Industrial Novo Milladoiro-R. Palmeira, 21A 15895 Ames (Galiza)
    • Enderezo electrónico: proteccion-datos@forga.gal

    FUNCIÓNS DO/A DPD DA FORGA:

    • Informar a responsábel (FORGA) das súas obrigas no tratamento.
    • Supervisar o correcto cumprimento da normativa e os labores derivados desta, como a asignación de responsabilidades ou a formación do persoal.
    • Asesorar sobre a avaliación de impacto relativa á protección de datos e constatar a súa aplicación consonte coa normativa europea e a propia lei orgánica de protección de datos.
    • Colaborar coa autoridade de control comunitaria e estatal encargada de velar pola aplicación da normativa e ser punto de contacto.
  • 5. As bases legais para a recolla e tratamento dos teus datos de carácter persoais.

    As bases legais nas que se funda a forGA para a recolla e tratamento de datos de carácter persoal son as seguintes:

    • Contratos pactados cos solicitantes de praza dos seus servizos formativos e cos/as alumnos e alumnas de cursos.
    • Autorizacións de cesión de datos para a prestación de servizos de formación.
    • Consentimentos outorgados polos/as usuarios/as dos servizos de correspondencia electrónica, servizos de contacto por medio de páxinas web, redes sociais e mensaxarías instantáneas corporativas da forGA .
    • Cláusulas adicionais nos contratos laborais das persoas encargadas do tratamento de datos.
    • Acordos pactados con persoas físicas e/ou xurídicas con relación mercantil coa forGA .
    • Cláusulas informativas en correos-e, páxinas web, redes sociais, mensaxarías instantáneas, facturas e albarás da forGA .
    • Contratos e convenios asinados con Administracións públicas, entidades vinculadas e empresas para a prestación de servizos formativos, nas súa condición ben de responsábeis do tratamento, ben de encargadas do tratamento.
    • Documento de Seguridade da forGA .
  • 6. Cales son os teus dereitos ao subministrarlle datos persoais á forGA ?

    O novo Regulamento Xeral de Protección de Datos engade novos dereitos aos xa existentes para mellorar a capacidade de decisión e control dos cidadáns e cidadás sobre os seus propios datos persoais.

    Exercer estes dereitos é de balde para o cidadán/á, agás cando se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas e, en calquera caso, se implicasen un custo, este non poderá implicar un ingreso adicional para quen trata os datos e debe limitarse ao verdadeiro custo de tramitar a solicitude.

    As túas solicitudes deben responderse no prazo dun mes, aínda que, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes, se pode prorrogar o prazo outros dous meses máis.

    Se o responsábel non dá curso á solicitude, hate informar, no prazo dun mes, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de reclamar ante unha Autoridade de control.

    Podes exercer os dereitos directamente ou por medio do teu/túa representante legal ou voluntario.

    Cabe a posibilidade de que a persoa encargada sexa quen atenda a túa solicitude por conta da persoa responsábel se ambas o estableceron no contrato ou acto xurídico que as vincule.

    A seguir, recollemos de xeito resumido os dereitos que inclúe o RGPD para o cidadán/á e as súas principais características:

    DEREITO DE INFORMACIÓN:

    Cando nos solicites os teus datos de carácter persoal, facilitarémoschos en dúas categorías, consonte o que ti mesmo/a nos requiras:

    a) Información básica (resumida)

    • Identidade do responsábel do tratamento.
    • Unha descrición sinxela dos fins do tratamento, incluíndo a elaboración de perfís, de existiren.
    • Base xurídica do tratamento.
    • Previsión ou non de cesións.
    • Previsión ou non de transferencias a terceiros países.
    • Referencia ao exercicio de dereitos.
    • Fonte (procedencia) dos datos (no suposto en que os teus datos persoais non sexan achegados directamente por ti).

    b) Información adicional (polo miúdo)

    • Datos de contacto do responsábel.
    • Identidade e datos do representante (de existir).
    • Datos de contacto do delegado/a de protección de datos.
    • Descrición ampliada dos fins do tratamento.
    • Prazos ou criterios de conservación dos datos.
    • Decisións automatizadas, perfís e lóxica aplicada.
    • Detalle da base xurídica do tratamento, nos casos de obriga legal, interese público ou interese lexítimo.
    • Obriga ou non de facilitar datos e consecuencias de non o facer.
    • Destinatarios/as ou categorías de destinatarios/as.
    • Decisións de adecuación, garantías, normas corporativas vinculantes ou situacións específicas aplicábeis.
    • Como exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento.
    • Dereito a retirar o consentimento prestado.
    • Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control.
    • Datos non obtidos directamente de ti.
    • Información detallada da orixe dos datos, mesmo se proceden de fontes de acceso público.
    • Categoría de datos que se traten.

    A anterior información facilitaráseche dentro dun prazo razoábel, a máis tardar nun mes, agás que:

    • Os datos persoais teñan que se utilizar para unha comunicación contigo; como moi tarde facilitaránseche no momento da primeira comunicación.
    • Se estiver previsto comunicalos a outro/a interesado/a, como moi tarde facilitaránseche no momento en que os datos persoais sexan comunicados por primeira vez.
    DEREITO DE ACCESO:

    O dereito de acceso é o teu dereito a dirixirte á persoa responsábel do tratamento para coñecer se está tratando ou non os teus datos de carácter persoal e, no caso de que se estea realizando o devandito tratamento, a obter a seguinte información:

    • Unha copia dos teus datos persoais que son obxecto do tratamento.
    • Os fins do tratamento.
    • As categorías de datos persoais que se traten.
    • Os destinatarios/as ou as categorías de destinatarios/as aos que se comunicaron ou serán comunicados os datos persoais, en particular, os destinatarios/as en países terceiros ou organizacións internacionais.
    • O prazo previsto de conservación dos datos persoais, ou se non é posíbel, os criterios utilizados para determinar ese prazo.
    • A existencia do dereito do interesado/a a solicitar á persoa responsábel: a rectificación ou supresión dos seus datos persoais, a limitación do tratamento dos seus datos persoais ou oporse a ese tratamento.
    • O dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control.
    • Cando os datos persoais non se obtiveron directamente de ti, calquera información dispoñíbel sobre a súa orixe.
    DEREITO DE RECTIFICACIÓN

    Tes dereito, ademais de a rectificar os datos inexactos, a que se completen os datos persoais incompletos.

    DEREITO DE SUPRESIÓN (O “DEREITO AO ESQUECEMENTO”)

    Con este dereito poderás solicitar:

    • A supresión dos datos persoais, sen dilacións indebidas, cando concorra algún dos supostos contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos, ou cando desapareza a finalidade que motivou o tratamento ou recolla.

    Porén, regúlanse unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito.

    Por exemplo, se a supresión non fose posíbel por motivos legais (conservación durante prazos legais).

    DEREITO Á LIMITACIÓN DO TRATAMENTO

    Podes solicitar á persoa responsábel que suspenda o tratamento de datos cando:

    • Se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica a devandita exactitude pola persoa responsábel.
    • O interesado/a exerza o seu dereito de oposición ao tratamento de datos; mentres se verifica se os motivos lexítimos da persoal responsábel prevalecen fronte á petición do interesado/a.

    Ademais, podes solicitar á persoa responsábel do tratamento que conserve os teus datos persoais cando:

    • Tratamento de datos sexa ilícito e o interesado/a se opoña á supresión dos seus datos e solicite no seu lugar a limitación do seu uso.
    • A persoa responsábel do tratamento xa non necesite os datos para os fins do tratamento, mais o interesado/a si os precise para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.
    DEREITO Á PORTABILIDADE DOS DATOS

    Poderás recibir os teus datos persoais facilitados nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, a fin de poder transmitirllos a outra persoa responsábel, sempre que sexa tecnicamente posíbel.

    DEREITO DE OPOSICIÓN

    A través do dereito de oposición podes oporte ao tratamento dos teus datos persoais:

    • Cando por motivos relacionados coa túa situación persoal, deba cesar o tratamento dos teus datos, agás que se acredite un interese lexítimo ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
    • Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa. (exemplo: cancelar envío de correos-e informativos).
    DEREITO A NON SER OBXECTO DE DECISIÓNS INDIVIDUALIZADAS

    Tes dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou che afecte.

    Exceptúase o anterior cando:

    • Sexa necesario para a celebración ou execución dun contrato.
    • Estea permitido polo Dereito da UE ou dos Estados membros, con medidas acaídas para salvagardar os dereitos e liberdades da persoa titular dos datos.
    • Exista consentimento explícito da persoa titular dos datos.
    DEREITO A RECLAMAR PERANTE A AUTORIDADE DE CONTROL

    Tes dereito, no caso de que non satisfagamos os teus dereitos anteriores, a formular reclamación perante a Autoridade de Control.

    Máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html

  • 7. Cales son as túas obrigas ao subministrarlle datos persoais á forGA ?

    As persoas, físicas ou xurídicas, que subministren datos persoais á forGA , tras a publicación do RGPD, contraen as seguintes obrigas:

    • As estabelecidas nos contratos pactados cos solicitantes de praza dos seus servizos formativos e cos/as alumnos e alumnas de cursos.
    • As estabelecidas nas autorizacións de cesión de datos para a prestación de servizos de formación.
    • As estabelecidas nos consentimentos outorgados polos/as usuarios/as dos servizos de correspondencia electrónica, servizos de contacto por medio de páxinas web, redes sociais e mensaxarías instantáneas corporativas da forGA .
    • As estabelecidas nas cláusulas adicionais nos contratos laborais das persoas encargadas do tratamento de datos.
    • As estabelecidas nos acordos pactados con persoas físicas e/ou xurídicas con relación mercantil coa forGA .
    • As estabelecidas nas cláusulas informativas en correos-e, páxinas web, redes sociais, mensaxarías instantáneas, facturas e albarás da forGA .
    • As estabelecidas nos contratos e convenios asinados con Administracións públicas, entidades vinculadas e empresas para a prestación de servizos formativos, nas súa condición ben de responsábeis do tratamento, ben de encargadas do tratamento.
  • 8. O procedemento para o exercicio dos teus dereitos.

    Co obxectivo de asegurar a privacidade e protección dos datos persoais dos nosos afiliados e afiliadas e usuarios e usuarias da nosa páxina web, a forGA comprométese a facilitar a debida atención e contestación no prazo legal, cando se exerza algún ou varios dos dereitos anteriormente sinalados.

    Para o exercicio de tales dereitos os afiliados e afiliadas e usuarios e usuarias dos servizos que presta a forGA poden cumprimento o formulario oportuno (disposto no último apartado deste documento) e envialo por correo electrónico á conta: proteccion-datos@forga.gal , identificándose tal e como prevé o Regulamento de protección de datos.

    As reclamacións que desexes formular perante a Autoridade de Control deben dirixirse a:

    Agencia Española de Protección de Datos. Rúa Jorge Juan. nº 6. 28001 Madrid (España)

    https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

    Os formularios que podes utilizar para o exercicio dos teus dereitos constan no último apartado deste documento.

  • 9. O rexistro de actividades de tratamento. Os ficheiros da forGA .

    Os datos de carácter persoal recollidos pola FORGA deposítanse e custódianse nos seguintes ficheiros:

    I. FICHEIRO ELECTRÓNICO DE XESTIÓN DE SERVIZOS FORMATIVOS:

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión das relacións entre as persoas ás que se lles prestan e/ou solicitan servizos formativos.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En Xeral: as necesarias para xestionar as relacións entre persoas que demandan servizos formativos e á forGA .
    • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, telefone, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF/CIF, Número de Inscrición á Seguridade Social.
    • Datos persoais: Data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade, número de fillos/as e outros, excluíndo a afiliación sindical, a raza, a saúde e a afiliación política.
    • Datos profesionais: situación laboral, categoría e grupo profesionais, posto de traballo, cargo directivo, centro de traballo, federación profesional e outros semellantes.
    • Datos económicos e financeiros: salarios, rendas, prestacións públicas, etc.
    • Datos académicos: titulacións académicas, cursos realizados e outros semellantes.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • As Administracións Públicas, Seguridade Social, Servizo Galego de Colocación, SEPE e outras administracións semellantes.

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • No termo de 1 mes desque se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo pactado no documento de solicitude de praza e/ou no contrato de prestación de servizos formativos.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    II. FICHEIRO EN PAPEL DE XESTIÓN DE SERVIZOS FORMATIVOS:

    III. FICHEIRO ELECTRÓNICO DE PERSOAL.

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión das relacións de persoal entre a fundación, na súa condición de empregadora, e os seus propios traballadores/as e traballadoras.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En Xeral: as necesarias para xestionar as relacións de persoal entre os e as traballadores/as e á forGA como empregadora.
    • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, telefone, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF, Número de afiliación á Seguridade Social.
    • Datos persoais: Data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade, número de fillos/as e outros, excluíndo a raza, a saúde e a afiliación política.
    • Datos profesionais: situación laboral, categoría e grupo profesionais, posto de traballo, cargo directivo, centro de traballo, cargo sindical, federación profesional e outros semellantes.
    • Datos económicos e financeiros: salarios, rendas, prestacións públicas, etc.
    • Datos académicos: titulacións académicas, cursos realizados e outros semellantes.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • Non se contemplan destinatarios/as, agás as Administracións Públicas.

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • No termo de 1 mes desque se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo pactado no contrato laboral e/ou mercantil.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    IV. FICHEIRO EN PAPEL DE PERSOAL.

    V. FICHEIRO ELECTRÓNICO DE PROVEDORES, PROVEDORAS, PRESTADORES E PRESTADORAS DE SERVIZOS.

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión das relacións cos provedores da fundación.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En Xeral: as necesarias para xestionar as relacións entre os e as provedores/as e á forGA .
    • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, telefone, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF/CIF, Número de Inscrición á Seguridade Social.
    • Datos persoais: Data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade e outros, excluíndo a afiliación sindical, a raza, a saúde e a afiliación política.
    • Datos profesionais: enderezo social da empresa, tipo de personalidade (física ou xurídica), razón social da empresa, número de traballadores/as, CNAE e outros semellantes.
    • Datos económicos e financeiros: contabilidade, certificados de estar ao corrente de pagamento das obrigas sociais e fiscais, volume de negocio e outras semellantes.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • As Administracións Públicas, Seguridade Social e Administración Tributaria.

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • No termo de 1 mes desque se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo pactado no contrato de prestación de servizos.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    VI. FICHEIRO EN PAPEL DE PROVEDORES, PROVEDORAS, PRESTADORES E PRESTADORAS DE SERVIZOS.

    VII. FICHEIRO ELECTRÓNICO DE CLIENTES

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión das relacións cos/coas clientes da fundación.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En xeral: as necesarias para xestionar as relacións entre os e as clientes e a forGA .
    • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF/CIF, número de inscrición á Seguridade Social.

    • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo pactado no documento de relación contractual.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    VIII. FICHEIRO EN PAPEL DE CLIENTES

    IX. FICHEIRO DE CORREOS ELECTRÓNICOS

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión da correspondencia electrónica da fundación.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En xeral: as necesarias para xestionar a correspondencia electrónica da fundación, por medio dos dominios propios que dispoñen de servidor de correo-e: www.forga.gal
    • Datos identificativos: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
    • Datos persoais: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
    • Datos profesionais: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
    • Datos económicos e financeiros: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • Todas as persoas físicas e xurídicas que manteñan correspondencia electrónica coa forGA .

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo estabelecido no apartado “Conservación, supresión de datos e destrución de documentos” deste escrito.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    X. FICHEIRO DE FORMULARIOS DE CONTACTO DE PÁXINAS E SERVIZOS WEB, MENSAXARÍA INSTANTÁNEA E CONTACTOS POR MEDIO DE REDES SOCIAIS

    Finalidade do tratamento:

    • Xestión dos contactos realizados por persoas coa fundación por medios de formularios de contacto das súas páxinas e servizos web, mensaxaría instantánea e redes sociais.

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En xeral: as necesarias para xestionar o contacto coa fundación, por medio dos formularios dispostos nas súas páxina web corporativa www. forGA .gal, así como por medio das redes sociais e servizos de mensaxaría instantánea corporativos da forGA .
    • Datos identificativos: os que sexan obxecto do contacto electrónico.
    • Datos persoais: os que sexan obxecto do contacto electrónico.
    • Datos profesionais: os que sexan obxecto do contacto electrónico
    • Datos económicos e financeiros: os que sexan obxecto do contacto electrónico.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • Todas as persoas físicas e xurídicas que manteñan contacto electrónico forGA polos medios descritos.

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos.
    • No prazo estabelecido no apartado “Conservación, supresión de datos e destrución de documentos” deste escrito.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
    XI.- FICHEIRO DE VIDEOVIXILANCIA EN DETERMINADOS LOCAIS.

    Finalidade do tratamento:

    • O control de accesos do público a determinados locais da forGA .

    Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:

    • En xeral: Imaxe e son.
    • Datos identificativos: Imaxe e son.
    • Datos persoais: Non se contemplan.
    • Datos profesionais: Non se contemplan
    • Datos económicos e financeiros: Non se contemplan.

    Descrición dos destinatarios/as a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:

    • Empresas de xestión dos dispositivos de videovixilancia.

    Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:

    • Diariamente.
    • O anterior agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.
  • 10. As finalidades dos datos de carácter persoal recollidos.

    As finalidades dos datos persoais que se recollen polos encargados/as do tratamento das distintas estruturas da forGA e se depositan nos rexistros e ficheiros anteriormente relacionados, son as seguintes:

    • A xestión das solicitudes de praza e da prestación dos servizos formativos demandados.
    • A xestión dos servizos de información que se prestan aos usuarios/as que navegan polas páxinas web e redes sociais corporativas da forGA .
    • A xestión das relacións co persoal da forGA .
    • A xestión das relacións cos provedores e provedoras da forGA .
    • A xestión das relacións cos/coas clientes da forGA .
    • A xestión da correspondencia electrónica por medio de dominios corporativos.
    • A xestión de contactos por medio de formularios das páxinas web corporativas, redes sociais corporativas e mensaxaría instantánea corporativa.
    • O control dos accesos do público a determinados locais da forGA .
  • 11. A cesión de datos de carácter persoal.

    A forGA só cede a terceiros os teus datos de carácter persoal nos seguintes supostos:

    • Que a cesión sexa, expresamente, autorizada por ti para recibires servizos formativos, tanto subvencionados como non subvencionados.
    • Que a cesión sexa, expresamente, autorizada por ti para a xestión do ficheiro de persoal propio da forGA por pate da xestoría encargada de tal materia.
    • Que a cesión veña imposta por unha normal legal ou orde xudicial.

    Sempre que se contemple a cesión dos teus datos persoais a forGA recabará o teu expreso consentimento escrito, informándote da identidade da cesionaria dos teus datos, da súa finalidade e dos teus dereitos, así como subscribindo con esta o correspondente contrato no que se recolla o alcance de tal cesión.

  • 12. A conservación e a supresión dos datos de carácter persoal e a destrución de documentos.

    A forGA conservará os datos que lle subministre calquera persoa física nos termos e durante os prazos que se pacten en cada relación contractual. Subsidiaria e supletoriamente os datos conservaranse mentres dure a relación contractual e/ou até que o interesado/a solicite a supresión destes.

    A forGA suprimirá, periodicamente, os datos persoais dos seus ficheiros nos termos e nos prazos que se estabelezan nas relacións contractuais que se pacten coas persoas que lle subministren tales datos.

    A forGA destruirá, periodicamente, os documentos en papel que conteñan datos persoais nos termos e nos prazos que se estabelezan nas relacións contractuais que se pacten coas persoas que lle subministren tales datos.

    O anterior coas excepcións impostas polas obrigas legais e/ou xudiciais de conservación de datos.

  • 13. As medidas de seguridade. O documento de seguridade.

    A forGA comprométese ao cumprimento do deber de confidencialidade, garda e custodia dos datos e para iso adoptará todas aquelas medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido por normativa aplicábel.

    A forGA no seu DOCUMENTO DE SEGURIDADE recolle a política, procedementos, técnica e xurídica, de seguridade da fundación a respecto dos ficheiros nos que se depositan os datos de carácter persoal (definidos no anterior apartado 9), mantendo de xeito continuado a información, formación, supervisión, control e avaliación da fiabilidade de todos os procesos para garantir o respecto á privacidade e seguridade da información.

  • 14. As condicións xerais de uso, a propiedade intelectual e industrial e a información sobre cookies das nosas webs e redes sociais.
    CONDICIÓNS XERAIS DE USO

    A utilización dos sitios web da forGA non implica a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do USUARIO/A.

    As condicións de acceso e uso dos sitios web da forGA réxense pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o/a USUARIO/A a realizar un bo uso do sitio web. Fican, xa que logo, prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros, dereito á intimidade e ao honor, protección de datos, propiedade intelectual e en definitiva calquera acción que poida constituír unha conduta ilícita. Expresamente e sen carácter taxativo a forGA prohibe os seguintes:

      • Realizar accións que poidan producir nos sitios web ou a través destes, por calquera medio, danos aos sistemas da for GA ou a terceiros.
      • Realizar, sen a debida autorización, calquera tipo de publicidade ou información comercial, directamente ou de forma agachada, o envío de correos masivos non solicitados ("spamming") ou envío de grandes mensaxes, co fin de bloquear servidores da rede ("email bombing"). No caso de que a for GA reciba notificación ou queixa dunha práctica deste teor, farao saber ao USUARIO/A para que, con carácter inmediato cese nela.

    Así mesmo, fica expresamente prohibida a utilización de programas deseñados co fin de causar problemas ou ataques na rede, incluíndose na anterior prohibición o intento de pór a proba a seguridade dos servidores realizando calquera tipo de entrada ou acción que non resulte estritamente necesaria para o goce do servizo por parte do USUARIO/A.

    A forGA poderá interromper en calquera momento o acceso aos seus sitios web, se detectar un uso contrario á legalidade, a boa fe ou a estas condicións xerais.

    Os contidos incorporados nos sitios web da forGA foron elaborados e incluídos por:

    • A propia entidade forGA , utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que a organización, unicamente, se fai responsábel dos contidos elaborados de forma interna.
    • Os/as USUARIOS/AS, a través de colaboracións ou introdución voluntaria de contidos, sendo estes os únicos responsábeis dos devanditos contidos e ficando expresamente exenta a forGA de toda responsabilidade que se poida derivar destes.
    • Persoas físicas e/ou xurídicas alleas á forGA , ben a través de colaboracións que se insiren directamente nos sitios web, ben a través de enlaces ou ligazóns, sendo estas as únicas responsábeis dos contidos así introducidos e ficando expresamente exenta a forGA de toda responsabilidade nos termos que especifica a lexislación galega, do Estado español e europea.

    O/A USUARIO/A que desexe estabelecer unha hiperligazón no seu sitio web aos sitios web da forGA non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións e servizos postos a disposición nos referidos sitios web. Concretamente o/a USUARIO/A que introduza unha hiperligazón ou ligazóns comprométese a:

    • Non destruír, danar ou alterar de calquera forma os contidos e servizos postos a dispor do USUARIO/A nos sitios web da forGA .
    • Non declarar/manifestar que a forGA asume a supervisión da hiperligazón ou dos contidos da propia web do USUARIO/A que introduce unha ligazón ao sitio web da forGA no seu propio sitio web. A forGA non será responsábel en ningún caso dos contidos ou servizos da web do USUARIO/A onde se inclúa unha hiperligazón ou ligazón ao sitio web da forGA .
    • Non incluír no seu propio sitio web a marca, nome comercial ou calquera signo distintivo pertencente á forGA sen a previa autorización da entidade.

    No caso de que sexa preciso o rexistro do USUARIO/A para a utilización dalgún servizo web da forGA , as condicións para o seu uso recolleranse nun contrato específico previo asinamento expreso por parte do usuario/a e da forGA .

    PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

    Os contidos, documentación, imaxes, gráficos, marcas, logos e deseño que forman das web son propiedade de forGA e atópanse debidamente protexidos, consonte coa normativa estatal e internacional sobre propiedade intelectual, polo que fica expresamente prohibida a súa reprodución ou uso, en calquera das súas formas, sen a previa e expresa autorización da Organización. En caso contrario incorrerase nas responsabilidades legalmente establecidas.

    Á forGA correspóndelle o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

    Só fica autorizada a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web se concorre algunha das seguintes condicións:

    • Que sexa compatíbel cos fins da web.
    • Que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.
    • Que ningún dos contidos relacionados na web sexan modificados de xeito ningún.
    • Que ningún gráfico, icona ou imaxe dispoñíbel no sitio web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do resto de imaxes que o acompañan.
    POLÍTICA DE COOKIES:

    Que son as cookies ?

    Este sitio, como moitos outros, utiliza cookies. Unha cookie é un ficheiro de texto simple que é almacenado no teu ordenador ou dispositivo móbil polo servidor web. Contén información anónima que permite que un sitio lembre cousas como as preferencias de navegación do usuario/a. As cookies poden axudar a obter unha mellor experiencia de navegación e axudarnos a mellorar a nosa web.

    Para que usamos as cookies ?

    Usamos cookies para:

    Manter as preferencias de usuario/a cando navegas: imaxes, opcións do menú...

    Permitir certas funcións de navegación e uso da páxina.

    Xestión da sesión.

    Cookies creadas por esta web

    Cookie Tipo

    Finalidade da cookie Duración
    PHPSESSID Sesión/Propia Cookie estándar de php para controlar o mantemento da sesión Expira ao finalizar a sesión

    ci_session,

    *_oferta_cursos_session

    Técnica/Propia Permiten a navegación polo catálogo de cursos de formación da forGA Expira ao finalizar a sesión
    MoodleSession Sesión/Propia Só na Teleformación . É precisa para manter o seus datos de usuario entre as distintas páxinas Expira ao finalizar a sesión
    MOODLEID Técnica/Propia Só na Teleformación . Limítase a lembrar o seu nome de usuario/a dentro do navegador . Isto significa que cando regrese a este sitio o campo de nome de usuario/a na páxina de inicio de sesión xa estará completado para vostede Dous meses
    desktop-view Técnica/Propia Garda preferencia do formato de visualización da páxina 1 ano
    cookieconsent_status Persistente É usada para determinar se o/a usuario/a aceptou a política de protección de datos e cookies da web.

    Cookies creadas por terceiros

    O contido deste sitio é actualizado regularmente e pode integrar contido de terceiros, como:

    • youtube
    • twitter
    • facebook

    Cando visitas unha páxina con contido integrado de calquera servizo externo pode integrar cookies propias do servizo. Para máis información sobre esas cookies debes consultar as webs deses terceiros.

    Como controlar e eliminar as cookies

    Se desexas restrinxir ou bloquear as cookies podes facelo a través das opcións do teu navegador.

  • 15. Os formularios para o exercicio dos teus dereitos.

forGA