Funcións e Normativa de Aplicación á Fundación

Normativa de aplicación ás actividades da fundación

A FORGA constituíuse o día 4 de Xullo de 1996, ao abeiro da Lei 7/1983 do 22 de Xuño, de réxime das fundacións de interese galego, a Lei 11/1991 do 8 de Novembro, que reforma a Lei anterior, polo regulamento que as desenvolve aprobado polo Decreto 248/1992 do 18 de xunho e por escritura autorizada polo Notario que foi de Vigo, Alfonso Emilio Rodríguez Sánchez, baixo o número 2.377 do seu protocolo.

Os artigos 3 e 4 dos Estatutos Sociais da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA), determinan os fins e actividades da fundación.

A FORGA foi clasificada como Fundación de interese social pola Consellaría da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galiza, a meio da Orde do 3 de outubro do 1996 (DOG nº 201, do 14 de Outubro de 1996) e declarada de interese galego pola Consellaría de Familia e promoción do emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galiza, a meio da Orde do 27 de Novembro do 1996 (DOG nº 244, do 16 de decembro do 1996), figurando inscrita no rexistro de fundacións co número 1996/28.

A Equipa de Dirección da forGA

Estatutos

Funcións da forGA (Estatutos Sociais da forGA)

PDF

forGA