ATENDENDO ÁS ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

Resolución de 25 de marzo de 2020, del Congreso de los Deputados, por la que se ordena la publicación del Acuerdo de autorización de la prórroga del estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, publicado o 28/03/2020.

Novas medidas previstas polo goberno español en materia de maiores restricións na mobilidade para as empresas que non sexan servizos esenciais, que serán de aplicación desde o día 30 de marzo 2020 (pendente de publicación BOE)

Os centros Nacionais e Territoriais de forGA atenderán de xeito telemático calquera necesidade improrrogábel nos seguintes correos electrónicos:

Departamento Contacto
Xerente xerente@forga.gal
ÁREA ECONÓMICA e Centro Territorial Vigo economica@forga.gal
DEPARTAMENTO LABORAL laboral@forga.gal
DEPARTAMENTO INFORMÁTICO informatica@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL NORTE (Oleiros e Narón): dt.norte@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL CENTRO (Ames - Milladoiro): dt.centro@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL SUL (Pontevedra - Ponte Caldelas): dt.sul@forga.gal
CENTRO TERRITORIAL Ourense: ct.ourense@forga.gal

GRAZAS POLA COMPRENSIÓN E SOLIDARIEDADE. SAÚDE E ÁNIMO

Xestión de Fondos Estruturais e de Inversión Europeos: FEDER e FSE

Introdución:

A fundación forGA foi beneficiaria de fondos Estruturais e de Inversión Europeos (EIE): fondos FEDER e FSE, en novembro de 2017, para desenvolver formación ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2017 e 2018, procedemento TR301U.

Descrición da Operación:

A subvención que lle foi concedida por importe de 45.700,20 € está cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, e con cargo á Iniciativa de Emprego xuvenil nunha porcentaxe do 91.98% dentro do Programa Operativo de emprego xuvenil, no eixo prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.7.

Obxectivo Temático:

Reforzar a empregabilidade das competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación, á Integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como as persoas novas que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil, ao obxecto de  contribuír ao Obxectivo Temático 8 :Promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral; todo isto a través da Medida 8.2.2.7 “Accións formativas de Certificados de Profesionalidade”.

Obxectivo Específico:

Dentro do obxectivo específico 8.2.2 destaca o obxectivo específico de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación co obxectivo último de acadar os seguintes resultados:

1. Lograr a mellora directa da empregabilidade das persoas novas mediante a adquisición das aptitudes e competencias necesarias, de forma que sexa posible a súa incorporación ao mercado laboral de forma estable e duradeira no tempo.

2. Aumentar o nivel de formación das persoas novas que abandonaron os estudos a unha idade temperá para a incorporación ao mercado de traballo e que, unha vez perdido o posto de traballo, non atopan oportunidades laborais, potenciando especialmente o aumento de colectivo con niveis medios de formación.

3. Conseguir a reconversión e a reciclaxe das persoas novas con niveis de formación elevados pero non axeitados ás necesidades do mercado laboral.

4. Poñer en marcha programas de mobilidade tanto nacionais como europeos que contribúan á mellora da formación e a empregabilidade das persoas novas.

Medida que se desenvolve:

Impartir o certificado de profesionalidade:

SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 horas máis 18 horas dos módulos transversais de “Formación para a igualdade” de 8 horas e “Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero” de 10 horas.

A medida se leva a cabo desde o día 05/02/2018 e se dará por finalizada o 18/06/2018.

Formarase a un grupo de 15 participantes que deben estar inscritos no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.

Resultados:

Espérase con esta medida, acadar a inserción e/ou reinserción laboral das persoas inscritas no Ficheiro de garantía xuvenil naqueles empregos que require o sistema produtivo.

forGA