ATENDENDO ÁS ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

Resolución de 25 de marzo de 2020, del Congreso de los Deputados, por la que se ordena la publicación del Acuerdo de autorización de la prórroga del estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, publicado o 28/03/2020.

Novas medidas previstas polo goberno español en materia de maiores restricións na mobilidade para as empresas que non sexan servizos esenciais, que serán de aplicación desde o día 30 de marzo 2020 (pendente de publicación BOE)

Os centros Nacionais e Territoriais de forGA atenderán de xeito telemático calquera necesidade improrrogábel nos seguintes correos electrónicos:

Departamento Contacto
Xerente xerente@forga.gal
ÁREA ECONÓMICA e Centro Territorial Vigo economica@forga.gal
DEPARTAMENTO LABORAL laboral@forga.gal
DEPARTAMENTO INFORMÁTICO informatica@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL NORTE (Oleiros e Narón): dt.norte@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL CENTRO (Ames - Milladoiro): dt.centro@forga.gal
DELEGACIÓN TERRITORIAL SUL (Pontevedra - Ponte Caldelas): dt.sul@forga.gal
CENTRO TERRITORIAL Ourense: ct.ourense@forga.gal

GRAZAS POLA COMPRENSIÓN E SOLIDARIEDADE. SAÚDE E ÁNIMO

Certificado da Lingua Galega

CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en tres bloques:

  • Lingua e comunicación: funcións comunicativas
  • Lingua e sistema: coñecemento do código
  • Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

→ Máis información en: http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

→ Convocatorias: http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias

forGA