Acreditación da Experiencia Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar teñen posto en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.

Quérese recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as competencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia terá os efectos de acreditación parcial acumulable, e terá efectos de exención dos correspondentes módulos dos certificados de profesionalidade e validación dos módulos de títulos da FP.

→ Ollado en: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion

→ Ollado en: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese?content=topic_0146.html


Proceso de acreditación

CONTIDOS:

  • Procedemento para a obtención das acreditacións
  • Prodeso de Acreditación da Expreciencia Profesional

PDF

Requisitos para acceder ao recoñecemento da Experiencia Profesional

CONTIDOS:

  • Requisitos de Acceso
  • Documentación necesaria

PDF

Convocatorias

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais

PDF

Profesións reguladas

Análise das profesións reguladas e as súas posibles vinculacións cos certificados de profesionalidade das distintas familias formativas

Actualización OUTUBRO 2018

PDF

forGA